Monday 06 de May de 2024

Os cans poderán acceder ao areal de Couso


A concelleira de Medioambiente, Antía Alberte e o concelleiro do Mar, Fernando Abraldes, inauguraron hoxe a praia canina de Couso.

Dende o 15 de xullo ata o 15 de marzo permitirase durante todo o día o acceso á praia con cans, tendo en conta as restricións que dispón o Plan de protección da Píllara, que aniña nesa zona.

A concelleira de Medioambiente recalcou que a permisión de cans no areal de Couso “trátase dunha proba” e que tamén se están a estudar outros areais ribeirenses, aínda que “moitos deles teñen boa parte da súa superficie incluída dentro do Plan de conservación da píllara das dunas en Galicia”.

Asimesmo, dende o Concello sinalan que donos dos animais terán a obriga legal de recoller os excrementos que depositen nas vías e espazos públicos.